Home

Cifras

13 Decembro, 2008

Este blog debería servir para unificar e visualizar os datos que teñen que ver coas actividades desenvolvidas polas ANPAS. Por unha parte serviranos para ter unha perspectiva da dimensión do que estamos facendo, e por outra, de cara ao diálogo e negociación coas administracións axudaranos a todos a ver do que estamos a falar.

Estou elaborando unha folla de cálculo cos seguintes campos (que son os datos que vos pido que mandedes):

  • Número de actividades programadas (extraescolares, deportivas…)
  • Número de asistentes a esas actividades
  • Custo mensal das actividades
  • Número de comensais diarios
  • Número de madrugadores
  • Custo mensal comedor + madrugadores
  • Outros servizos prestados e o seu custo mensal
  • Axudas ou subvencións recibidas e o seu importe
  • Número de alumnos matriculados no centro

Podedes incluir eses datos aquí nos comentarios ou envialos por email. Se esquecín algún dato que vexades relevante, avisade.

3 Responses to “Cifras”

  1. ANPA Fontela - CEIP Fontiñas Says:

    Moi boa idea a de incluir as páxinas web dos colexios que a teñen.
    Pequeno resumo do traballo da ANPA Fontela – CEIP Fontiñas:
    Comensais media 50. Madrugadores media 10. O custe aproximado é de 2500€ ao mes.
    As actividades que temos funcionando actualmente son debuxo e pintura, baile galego, kárate, pandeireta, patinaxe, teatro, traballos manuais, xadrez, capoeira, baile moderno, taller de inglés, xogos colaboraivos, horta e xardín e taller de cociña. O número de asistentes a estas actividades está arredor dos 100, sendo a matrícula total en torno aos 200(hai quen vai a varias actividades) e o custo medio mensual é duns 1900€.
    Pero o máis importante, no noso caso, é o traballo que fan as persoas da xunta directiva para organizar todas estas actividades é impagable.
    Canto ás subvencións supoñen menos de 2€ por asistente e ano, e ademais só temos subvencionadas as non deportivas. O deporte non é educativo?
    Outras actividades que facemos e non teñen subvención é unha campaña de animación á lectura e unha actuación cultura-musical na semana das letras galegas para todo o alumnado, adaptada ás idades. Ademais de colaborar en todo o que precisa o colexio nas actividades que programa, torneo de xadrez, carreira pedestre, magosto, entroido…
    Pouco ou moito, non importa.

  2. Pepe Sendón - Quiroga Says:

    Grazas, Pepe. Cos teu datos xa comecei a elaborar unha planilla. Eu subirei os nosos o luns, despois de pasar polo cole. Gustaríame saber o importe total das axudas recibidas e as entidades que a aportan. Ou en calquera caso a canto equivale mensalmente (mes escolar, a dividir entre 9) a axuda recibida. Polo que dis, tendes un gasto mensal de 4400 euros. É para saber a porcentaxe desa cifra que supoñen as subvencións que recibides. Ah e tamén o nº de nenos matriculado no colexio.

  3. Pepe Sendón - Quiroga Says:

    Cifras do Quiroga.

    O comedor ten unha media de 24 usuarios. A factura media ao mes é de 2640 euros. Non hai madrugadores.

    Ofertamos só cinco actividades (pero unha delas, a Ludoteca, funciona 4 días á semana e conta con múltiples actividades como plástica, xogos, animación á lectura, relacionadas coa época do ano, etc.) nas que hai 85 apuntados e supoñen un custo ao mes de 1515 euros.

    Curioso. Vexo un enorme desfase.

    Fontiñas con 50 comensais e 109 madrugadores gasta 2500 euros/mes.
    Quiroga, con 24 comensais, gasta 2640.

    Fontiñas con 200 nenos en actividades gasta 1900.
    Quiroga, con 85, gasta 1515.

    Aquí hai algo que falla!

    Creo que se os demais se animan a subir os datos imops atopar moitas sorpresas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: