Home

A Federación Municipal de ANPAS de Colexios Públicos de Santiago de Compostela rompe relacións co Concello de Santiago

29 Xullo, 2009

A Federación Municipal de ANPAS de Colexios Públicos de Santiago de Compostela ante a incapacidade da Concellería de Educación de establecer fórmulas de colaboración estable coas ANPAS dos Colexios públicos de educación infantil e primaria decidiu concentrar os seus esforzos na actividade nos centros e no reforzamento de actividades conxuntas.

Desde a celebración das pasadas eleccións municipais a Federación Municipal de ANPAS demandou do Concello unha implicación na educación pública situándoa como unha prioridade municipal como se fai con outras áreas municipais nas que, cunha competencia local máis ou menos clara, se actúa con decisión. Nesta liña propuxéronse varias vías de colaboración -semellantes ás que funcionan en Concellos como Pontevedra, A Coruña, Teo ou Ames-.  A Federación estaba aberta a fórmulas como a organización directa polo Concello de actividades extraescolares nos centros educativos (de feito o Concello recibiu para este fin máis de 30.000 euros da Xunta de Galicia que se empregan en programas desenvolvidos fóra dos centros).  Tamén apuntamos a posibilidade de consignación orzamentaria directa dunha partida con esta finalidade ou a suscripción dun convenio de colaboración.

Logo de sucesivas reunións ao longo destes dous anos coas distintas responsables da Concellería de Educación e co propio Alcalde sen ofrecerse solucións, o anuncio da convocatoria de axudas municipais no día de hoxe -29 de xullo- é un claro exemplo de desconsideración para co noso labor ao usar datas nas que os centros educativos están pechados para convocar unhas axudas para actividades dun período xa finalizado e nas que as ANPAS concorren con todo tipo de entidades educativas para disputar unha partida orzamentaria mínima.  Por esa razón as ANPAS renuncian concorrer a esa convocatoria de axudas e toman a decisión de centrar os seus esforzos en actividades que melloren a educación e os servizos ás familias e non en solucionar xestións municipais.

Desde este momento a ruptura de relacións co Concello vai levar a que as ANPAS non concorran á convocatoria de axudas que se anuncia e que, previsiblemente, verá a luz como o ano pasado no mes de agosto. Tampouco van ser as ANPAS as que asuman o labor de control e anticipación do pago das axudas sociais que receben familias para os custos de comedor e outros semellantes. O Concello debe programar a presenza de educadores sociais nos centros nos que existen comensais con axuda social que permita mellorar os hábitos educativos no entorno do comedor escolar e verificar a asistencia destes comensais. Así mesmo deberá anticipar os pagos ás familias para non impedir que nenos e nenas necesitados deste servizo poidan verse limitados nun tempo de crise que debería ver reforzados estes servizos.

2 Responses to “A Federación Municipal de ANPAS de Colexios Públicos de Santiago de Compostela rompe relacións co Concello de Santiago”


  1. Buenos días:
    Somos una empresa de animación y tiempo libre, y contactamos con ustedes para solicitarles las direcciones de las ANPAS asociadas a ustedes y poder enviarles el fooleto de actividades que acabamos de publicar.
    Muchas gracias

    Marcos Fenrández
    Tel.- 616605364

  2. federaciondeanpascompostela Says:

    Boas noites, Sr. Fenrández.
    Pensou vostede en enviar o folleto aos respectivos colexios? Seguro que así chegan a mans das Anpas. Se precisa axuda para localizalos, google é moitísimo máis eficiente que este blog.
    Saúdos


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: