Home

Ultimátum

15 Setembro, 2009

Iniciado o curso e aínda sen noticias do concello sobre os temas pendentes, convocamos unha reunión de urxencia para resolver o temas das bolsas de comedores. Resolvemos facerlle chegar ao concello o documento que se copia embaixo. Acórdase igualmente convocar en breve unha rolda de prensa para informar á opinión pública deste e outros temas do ensino público en Santiago.

Á atención da Concellería de Benestar Social de Santiago de Compostela.

A Federación de ANPAS do concello de Santiago de Compostela, reunida o luns 14 de setembro, vén de facer a seguinte consideración.

A pesar dos esforzos feitos de cara a colaborar co Concello na xestión das bolsas de comedor escolar, esta Federación leva longo tempo sen ver resoltos os problemas que arrastramos dende hai anos. Neste momento resúltanos imposible e intolerable manter a actual situación, inviable económica e humanamente, tendo en conta que todo o traballo recae en mans voluntariosas con suficientes cargas laborais e familiares como para asumir un traballo que non lles corresponde e non entra dentro do seu horario.

Por esta razón solicitamos do concello que materialice neste mesmo mes os seguintes puntos, dos que diferentes ANPAS xa teñen tratado en reiteradas ocasións tanto cos traballadores responsables como coa mesma concelleira:

  • Pagamento da débeda do curso 2008-2009 (setembro, maio e xuño).
  • Compromiso de pagar o comedor dos bolseiros no mesmo prazo que o resto dos usuarios de cada centro (a principios de mes) así como de pagar o 100% do custo do comedor.
  • Garantir a presenza dun educador social  en toda a franxa horaria nos comedores onde  o número de comensais en risco de exclusión social supere o 5 % de asistentes ao comedor escolar.

De non obter unha resposta axeitada a todas estas necesidades, as ANPAS dos colexios públicos deste Concello non aceptarán a partir do xoves 1 de outubro aos bolseiros  do Concello que usaron o comedor o pasado curso posto que están incumprindo os regulamentos dos centros (comedores) no tocante ao pagamento puntual da cota de comedor.

Queremos que quede claro que desexamos que o Concello axilice a súa xestión e colabore coas ANPAS como debe para evitar que nestes momentos tan difíciles economicamente resulten prexudicados estes nenos e nenas. Esperamos que o concello non pretenda culpabilizarnos desta situación posto que todos os implicados por parte da administración saben sobradamente da boa vontade das ANPAS dos colexios públicos e do enorme esforzo que veñen facendo curso tras curso para evitar chegar a esta situación pero, simplemente, non podemos máis.

En Santiago de Compostela, a 15 de setembro de 2009

    A PRESIDENTA    O SECRETARIO
    Nerea de Valenzuela   Francisco Macías

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: