Primeiras reaccións: o concello vai cedendo
22 Setembro, 2009
Por fin reaccionan! Será verdade? Esperemos a que actúen ou nos chamen para concretar como van funcionar. E de momento non din nada sobre a presenza de apoio en comedores con necesidades…
Sigamos atentos. Nos próximos días pode chegar a resolución do conflicto.
BENESTAR SOCIAL E EDUCACIÓN
O Concello satisfará as bolsas de comedor antes do día 5 de cada mes
21/09/2009 No curso 2009-2010, o Concello pon en marcha en colaboración coas ANPAS un sistema de xestión máis eficaz para as bolsas de comedor. Esta fórmula permitirá que antes do 5 de cada mes se poda satisfacer a bolsa correspondente ao servizo prestado o mes anterior.
As concelleiras de Benestar Social e de Educación, Mar Martín e Mercedes Rosón, compareceron en rolda de prensa para explicar esta fórmula, agradecendo de antemán a colaboración dos pais e das ANPAS nesta xestión. Así, recordaron que o retraso nos pagos dos meses de maio e xuño do anterior curso obrigaron ao Concello a presentar un novo sistema de xestión máis eficaz, que permitirá que antes do 5 de cada mes se poda sufragar a bolsa.
Lamentan, pero respectan, a decisión dalgunha ANPA de non colaborar na xestión das bolsas de comedor. Nestes casos, indicaron, o Concello pagará directamente as bolsas ás familias.
Sobre a demanda de que o Concello se faga cargo da xestión dos comedores escolares, Mar Martín, apuntou que “o Concello non ten nin capacidade nin posibilidade de facerse cargo desta xestión”. Neste sentido, Mercedes Rosón engadiu que “nós apoiamos as solicitudes que podan facer as ANPAS para que a Consellería de Educación se faga cargo da xestión ou co-xestión dos comedores”, pero reiterou a imposibilidade municipal de xestionar os comedores dos 14 centros de primaria e tres escolas rurais cos que conta Santiago.
23 Setembro, 2009 at 08:53
Algo pasa!
Acaba de chamarme Mar Martín. Temos unha cita mañá para falar do tema dos educadores no comedor.
23 Setembro, 2009 at 12:02
Moi ben Gabriel. Pois a ver que pasa. Xa nos dirás. É importante que lle fagas ver que non estades sós nisto, que estamos aí todas as Anpas. Espero que se comprometan a poñer educadores. E espero que che expliquen cal vai ser a nova xestión das bolsas. É seguro que lle vaian pagar directamente ás familias? E ás familias quen as informa?