Home

Comunicado sobre a reunión do Conselleiro de Educación cunha representación de Anpas Galegas

24 Novembro, 2010

As Anpas Galegas reclaman un incremento dos orzamentos destinados a centros públicos, que se reforce a dotación de persoal e profesorado e que a Consellería de Educación asuma a xestión dos comedores escolares.

AS ANPAS DOS CENTROS PÚBLICOS GALEGOS DENUNCIAN QUE OS RECORTES ORZAMENTARIOS DA XUNTA POÑEN EN SERIO PERIGO A CALIDADE DO SISTEMA EDUCATIVO GALEGO

Reúnense co Conselleiro de Educación, ao que lle entregan un Manifesto a prol do ensino público en Galicia. Reclaman unha maior implicación da Xunta en educación e piden que se elabore unha Lei específica

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2010.– As ANPAS GALEGAS reúnense esta tarde en San Caetano co Conselleiro de Educación para achegarlle as súas principais demandas e inquedanzas diante dos cambios, e sobre todo dos recortes, que está a experimentar o sistema educativo galego nos últimos meses.

Representantes das Anpas de centros de ensino público de todo o país entregaranlle a Jesús Vázquez un Manifesto a prol do Ensino Público no que se lle reclama á Xunta un Plan contra o fracaso e o abandono escolar, e a elaboración dunha Lei do Sistema Educativo Galego.

No texto, as Anpas Galegas manifestan a súa preocupación pola redución de profesorado e persoal nos centros educativos, e sobre todo polas elevadas ratios nalgúns niveis e especialidades. Na reunión demandaráselle á Consellería que se faga cargo do mantemento de todos os centros e que mellore o servizo de transporte escolar, así como que asuma a xestión dos comedores escolares en todos os centros públicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: