O Consello Municipal de Educación de Santiago de Compostela esixe a retirada do Anteproxecto de Lei de Convivencia
16 Febreiro, 2011
O Consello Municipal de Educación de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria celebrada o día 14 de febreiro de 2011
ACORDA
- Esixir a retirada do Anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa.
- Demandar a participación do conxunto da comunidade educativa (profesorado, estudantes, pais e nais e as organizacións que os representan) na elaboración e acordo do proxecto de texto lexislativo.
- Solicitar que se atendan as recomendacións emanadas dos distintos órganos consultivos que teñen achegado propostas de mellora e, nomeadamente, as do Observatorio Galego da Convivencia Escolar e o Consello Escolar de Galicia.
- Requirir que a administración educativa garanta con recursos públicos suficientes aos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia o desenvolvemento de todo tipo de medidas en materia de convivencia e atención á diversidade.
A presidenta do Consello Municipal de Educación
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2011
Consello Municipal de Educación