Home

De novo na prensa o conflito dos comedores

7 Abril, 2011

Con algunhas afirmacións non de todo correctas e que teremos a ben matizar nunha próxima entrada, este novo artigo da Voz dá conta do sucedido no tema de comedores nestes días.

Da Anpa do Pío XII e a Anpa de Roxos-Villestro

A xestión dos comedores divide á federación de Anpas

En Roxos aproban desvincularse, e a do Raíña Fabiola vai dimitir

Autor: JOEL GÓMEZ
Localidade: Santiago / LA VOZ
Data de publicación:7/4/2011

A dimisión da directiva da Asociación de nais e pais (Anpa) do colexio público Pío XII por negarse a manter a xestión do comedor escolar non é un feito illado: outras asociacións da cidade discutiron o asunto, e na Federación de Anpas compostelás existe división.

A Anpa de Roxos-Villestro aprobou en asemblea desvincularse da xestión do comedor o próximo curso; e en termos semellantes expresáronse as directivas das Anpas de Fontiñas, Ramón Cabanillas e Lamas de Abade. E a do Raíña Fabiola, onde se trata o asunto a próxima semana: Francisco Macías adianta que, independente do resultado, a actual directiva dimitirá e «non queremos saber nada de organizar o comedor o próximo curso». No López Ferreiro, Monte dos Pontes e Quiroga Palacios aprobaron seguir como agora.

A Anpa dimisionaria do Pío XII convocou onte eleccións, que serán o vindeiro xoves. Ademais, na reunión do consello escolar do centro, celebrada antonte ata entrada a noite, dimitiu Rosario Porto, designada pola Anpa como representante; a aínda presidenta en funcións da Anpa, Nerea de Valenzuela, continúa por ser elixida para o posto directamente polos pais. Pero afirma que proximamente dimitirá de presidenta da Federación local de Anpas.

Polémica no Pío XII

No Pío XII o asunto é polémico hai días. Varios pais organizaron a través do correo electrónico a oposición á directiva da Anpa e consideran que non actuou ben; ata hai persoas que din sentirse enganadas. A maioría considera idóneo que a Consellería de Educación xestione os comedores escolares -como fai no colexio público da Sionlla-, pero dubidan que os asuma na situación actual, e ante o temor a quedar sen o servizo optan por que a Anpa manteña a xestión. Ese foi o sentir da asemblea de Monte dos Postes, explica a presidenta da Anpa do centro, Lucía Gutiérrez.

Pero en Monte dos Postes, como noutros colexios, valorarán apoiar as medidas de presión que organicen a Federación de Anpas de Santiago, e a de Galicia, pois o tema transcende á cidade. En Ferrol xa tivo que tomar medidas cos comedores este curso a consellería.

En todo caso, todos os centros garanten o servizo de comedor ata final deste curso. A cuestión está en se segue ou non, e como, no próximo.

Sobre este asunto, Esquerda Unida afirma que a xestión dos comedores non debe repousar nas Anpas, senon no Concello e na Xunta.

«No Pío XII está todo ben organizado e funciona ben, quen nos releve terá o traballo fácil»

Nerea de Valenzuela

«O comedor é un tema importante: hai riscos sanitarios, de accidentes e de xestión de persoal»

Alba Nogueira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: