Home

Mobilización contra os recortes no sistema educativo

4 Xaneiro, 2012

A Federación de ANPAS Compostela intentou canalizar o malestar e a preocupación das familias pola precarización do sistema educativo. O recorte de persoal, a sobrecarga do profesorado con máis horas de docencia e a diminución xeralizada de recursos destinados aos centros de ensino públicos só poden redundar nunha menor calidade da educación. Por iso leváronse a cabo – e continuaremos a facelo- diferentes accións de protesta, entre as que destacamos o envío de cartas ao director da Voz de Galicia e ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez. Velaquí un exemplo:

Estou en contra dos recortes educativos

Sr. Director:

Como membro dunha familia que ten fillos en idade escolar, e fillos que están escolarizados nun centro público desta comunidade autónoma, quixera que saíra á luz a miña opinión, e a miña protesta, sobre a situación que se está a vivir no ensino público, logo dun par xa de meses de curso académico transcorridos, e cando xa comezamos a ver cal é a incidencia dos recortes educativos da consellería de educación da Xunta de Galicia.

Antes de comezar este curso, xa sabiamos que a consellería ía iniciar un proceso de recortes de persoal, encuberto baixo a fórmula de incrementar “só un par” de horas lectivas á carga docente do profesorado de educación infantil e primaria. Pero só cando iniciamos o curso comezamos a descubrir qué significaba isto, e de que maneira esta decisión rebaixa o nivel do ensino público galego. A realidade é que a tradución desa medida é moi simple: trátase dunha diminución de profesores que  propia consellería cifra en 587 profesionais menos que o ano anterior atendendo á educación dos nosos fillos; significa que as prazas de especialistas nos centros están a ser cubertas por persoal que non ten acreditada esa especialidade; significa que as ausencias do profesorado están a ser cubertas polos seus propios compañeiros (nisto utilizan esas dúas horas “de máis” que teñen que impartir) en detrimento doutros labores que poderían desenvolver; significa que as substitucións están a ser ralentizadas pola consellería porque un día sen substituto é un aforro económico e, total,” xa os atenderá algún dos profesores que andan polos pasillos”; significa que cada profesor ten dúas horas menos para traballar polos seus alumnos, para facerlles un seguemento individualizado cando o necesiten, para atender os seus problemas, para programar actividades complementarias, en fin, para todo o que  tamén é educación.

Pero os recortes en educación non paran nos docentes; con todo isto asistimos sorprendidos a un progresivo recorte de medios materiais, á infradotación dos nosos centros, incapaces de se adaptar ás novas tecnoloxías, imposibilitados para impartir esas docencias “trilingües” que tanto tentaron vendernos porque non hai profesorado capacitado para facelo; vemos como os nosos colexios carecen de coidadores para a atención non académica ao alumnado, que volve a depender da boa vontade, e das posibilidades reais, do profesorado; vemos tamén á renuncia constante a tomar decisións por parte da Xunta de Galicia, poñendo a carga da responsabilidade directamente nos equipos directivos dos centros, nos claustros e nas propias familias.

Opino polo tanto que esta non é a dirección correcta, que en educación non se pode recortar porque a educación pública é un ben demasiado grande como para estar suxeito a vaivéns puramente electoralistas, e que o que nos estamos xogando é o futuro dos nosos fillos, e tamén o noso propio futuro como grupo social.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: