Home

Recortes nos comedores escolares

21 Marzo, 2013

As Federaciósn de Anpas de Compostela, Costa da Morte, Vigo (FOANPAS), Ferrolterra, Cangas, Ponteareas e Valmiñor queren expresar o  máis profundo desacordo coas novas expresadas na última comparecencia dos responsables de educación da Xunta de Galicia.

As familias concebimos os comedores escolares como un servizo público, que debe ser prestado pola administración da Xunta de Galicia, dentro do conxunto da actuación educativa; entendemos que hai que tender á universalización deste servizo en todos os centros desta Comunidade, implantando en todos eles un modelo de xestión igual, de xeito que non existan diferenzas no noso territorio, rematando coa diferenzación desigualadora de comedores xestionados polas administracións públicas ou polas anpas.

Precisamente por concebir os comedores como un servizo, entendemos que o seu custo debe ser asumido dende os presupostos da Comunidade Autónoma, como se asumen os custos da educación obrigatoria, presupostos que están nutridos dos impostos dos cidadáns, que xa aportamos mediante unha imposición progresiva máis ou menos diñeiro, en función das nosas rendas, para o mantemento deses gastos que demanda a comunidade.

Ter unha concepción de futuro non quere dicir que non vivamos no presente, e sabemos que neste momento a situación non é a que queremos, por iso aínda máis rexeitamos esta normativa que se nos impón, porque non só non avanza senón que retrocede na universalización deste servizo.

Rexeitamos especialmente o novo peso que se fai recaer sobre sectores xa moi precarizados; non é igualitario tratar igualmente aos desiguais; non podemos aplicarlle ó rural galego ou ás periferias urbanas, lugares onde maioritariamente están ubicados os comedores escolares de xestión da Xunta, unha pretendida igualdade, cando cómpre que os tratemos cunha clara e rotunda discriminación positiva; non podemos castigar máis aínda ás familias que xa teñen aos seus fillos e fillas nun autobús todos os días porque se reduciron prazas escolares no rural, que non poden optar por utilizar ou non un comedor porque este nenos e nenas non poden retornar para comer nas súas casas; e sobre todo, non podemos arañar aínda máis as xa moi maltreitas economías familiares.

Rexeitamos tamén todo o discurso do goberno galego sobre a necesidade económica; como xa vimos reclamando dende hai moitos anos, cando falamos de gratuidade de libros de texto, ou de dotacións suficientes nos colexios, ou de profesorado de idiomas, ou dos medios para atencer ás necesidades especiais, a educación non é un gasto, é o máis grande investimento que fai unha sociedade, e a nosa obriga é procurar para este investimento os fondos imprescindibles que garantan a súa eficacia.

Así mesmo, e aínda que apareza como tapado pola noticia dos comedores, tamén queremos rexeitar a abusiva suba das taxas nas ensinanzas especiais, a música, o deporte ou as artes escénicas non son unha actividade secundaria nin menor; son complementos necesarios e indispensables na formación persoal e social; é xa moi lamentable que esas ensinanzas non estean amplamente incluídas e protexidas no ensino obrigatorio, como para que unha decisión económica as convirta en ensinanzas elitizadas e indispoñibles para unha clase social.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: