Home

O 24 de outubro contra a LOMCE

14 Outubro, 2013

Finalmente a LOMCE foi aprobada no Congreso, segundo o previsto. Pero igual que a lei segue e seu camiño, nós seguimos a amosar a nosa radical oposición: as familias, o profesorado, o alumnado…en definitiva, a comunidade educativa, que non foi consultada e que leva meses a manifestar a súa radical oposición a esta lei.  Por iso, chegado este momento convocamos  unha nova xornada de folga e protestas.

Primeiro, podedes ver nesta ligazón, unha vez máis, as razóns (poderosas) polas que nos opoñemos a esta lei.

http://marlou.blogaliza.org/?p=2801

E logo, podedes sumarvos a esa xornada de protesta, non enviando aos nenos e nenas á escola ou  ao instituto. Ademais se o voso horario volo permite, podedes  acompañar ao profesroado e ao estudantado e asistir á manifestación que se celebrará ás 11:30 na praza do Toural.

Participade, difundide, animade. É importante que a nosa voz se escoite. Defendendo o ensino público ddefendemos o presente e o futuro.

CARTAZ FOLGA PLATAFORMA (2)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: