Home

Alí estabamos

25 Outubro, 2013

O 24 de outubro , manifestámonos unha vez máis contra a LOMCE. Dicímolo por escrito, de viva voz e a berros, cando é preciso. IMG-20131025-WA0000Podemos ata cantalo de mil maneiras.

Non nos gusta esta contrarreforma educativa, que pretende “mellorar a calidade” da educación e loitar contra o abandono escolar, empregando métodos máis propios da primeira metade do século XX, que do século XXI. En vez de entrar por fin na sociedade do coñecemento, volvemos á sociedade do adoutrinamento; en lugar de construír persoas autónomas, iguais, e dignas de aportar ao grupo, xerarquizamos e damos todo o poder á administración e, por designación, á dirección dos centros. A súa vez, esta decidirá quen son materia prima de primeira calidade, segunda, terceira…ou directamente material de refugallo e, en función da súa autorizada/autoritaria opinión, invertirase máis ou menos esforzo, máis ou menos orzamento no seu pulido para colocal@s en posición de empezar a xerar cartos, “riqueza”.

A diversidade non aporta nada neste imaxinario. Por iso, nada mellor ca unha soa lingua, unha soa cultura, unha soa historia, unha soa relixión…..  aínda que a comunidade educativa non se identifique en absoluto con tal “armoniosa unidade”.

Pois por iso, porque non nos gusta, a Federación de ANPAs Compostela saiu a rúa o día 24, coa Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Seica o señor Feijóo non nos viu nin nos escoitou. Moitísimo menos o señor Wert (tan lonxe está….!). Mais nós si nos escoitamos e nos vimos: ás familias ao profesorado, ao profesorado ao alumnado, o alumnado ás súas nais e pais. Chovía….chovía moito. Pero alí estabamos e seguiremos canto faga falta contra esta lei, que non nos gusta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: