Home

Aprobouse a lei da Wertgoña

29 Novembro, 2013

O día de onte comezou triste. O día definitivo da vergoña.

Mais o día foi avanzando e as forzas volvendo a nós. Agora miramos ao redor e vemos que somos moitas, moitos.

En realidade, toda a comunidade escolar está a mirar atónita como a lei se estende sobre ela sen un mínimo diálogo ou respecto.  Non importa se prestixiosas voces das Ciencias da Educación son demoledoras nas súas críticas. O ministro, o goberno, obvian todos os avances que se produciron no século XX no eido da Psicoloxía, a Pedagoxía e mesmo a Tecnoloxía (avances estes que supoñen un auténtico cambio de paradigma no coñecemento e a aprendizaxe).

A súa simplista visión en branco e negro concibe persoas “torpes ou intelixentes”, “traballadoras ou vagas”, que o sistema debe limitarse a seleccionar para adicar os seus esforzos e recursos a promover a tan traída e levada “excelencia” sen que ninguén saiba moi ben que significado queremos darlle á tal palabra.

A súa visión en branco e negro imaxina tamén un poderoso estado central que impón linguas, maneiras de ver o mundo e deseños curriculares, cortando de raíz os “caprichos” e “antollos” de comunidades con lingua propia ou de calquera que pretenda achegar o coñecemento ao alumnado dende a súa realidade máis próxima.

Tamén a idea relixiosa do mundo é unha, monolítica, simple, gris, só conciben a visión e doutrina da igrexa católica, que reconquista territorio a paso de xigante no eido educativo coma noutros moitos; para eles ninguén pode pensar diferente, nin concibir diferente nin tan sequera a espiritualidade ou a súa ausencia.

Pero, como diciamos, a lei nace morta. Non só porque a comunidade educativa a rexeita senón tamén porque existe o compromiso da maioría dos grupos políticos no parlamento de derrogaren a lei en canto cambie a actual proporción de forzas. De maneira que o ministro, o goberno, o Partido Popular incorren nunha tremenda irresponsabilidade: a de poñeren en marcha un mecanismo de considerables dimensións que, esperemos, poderá deterse moi pronto.

E por iso seguimos aquí. E seguiremos: informando e informándonos, manifestando a nosa opinión e desacordo das máis diversas maneiras…ata que a escola abandone de novo o branco e negro e retornen as cores, non sempre puras e brillantes, mais reais, diversas, imperfectas e libres.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: