Home

O currículo de Primaria na LOMCE

10 Marzo, 2014

O 28 de febreiro publicouse no BOE o currículo básico da Educación Primaria.

O certo é que lendo algunhas descricións xerais do que será a práctica educativa dentro da nova lei, temos a sensación de que a actualización metodolóxica que parte das familias e do profesorado estabamos a reclamar, chegará por fin as aulas…

o-DOODLE-570

Se non fose porque esas bonitas palabras entran en brutal contradición co deseño e estrutura deste ciclo educativo.

Vexamos algún exemplo.

“Para lograr este proceso de cambio curricular es preciso favorecer una visión interdisciplinar y, de manera especial, posibilitar una mayor autonomía a la función docente, de forma que permita satisfacer las exigencias de una mayor personalización de la educación, teniendo en cuenta el principio de especialización del profesorado”.

Fantástico! O profesorado actuando con flexibilidade para responder ás necesidades do alumnado!

Porén….hai, polo menos, tres elementos ben ríxidos que contradicen esta declaración de intencións:

-A desaparición dos ciclos:

Se ata agora a Primaria se organizaba en tres ciclos, coa nova lei desaparecen para converterse en seis cursos independentes.

Poderiamos pensar que isto non é máis ca un superficial cambio de nomenclatura. Pero é algo moito máis profundo . A organización en ciclos significaba que o alumnado mantiña a mesma titora ou titor  durante dous anos e, tamén , que se respectaba  o feito de que os nenos e nenas teñen diferentes ritmos de maduración  e mesmo alteracións neses ritmos debido a causas internas ou externas (enfermidades, cambios traumáticos no contexto…..) En consecuencia, cada neno/a tiña dous cursos académicos para acadaren os contidos mínimos de cada ciclo. Agora tod@s deberán ir ao mesmo ritmo e o que se descolgue (polas razón que sexa) probablemente será apartado do sistema ao chegar á Secundaria, pois será dirixido cara á unha FP Básica ou, no mellor dos casos, cara un Plan de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento.

– As reválidas de 3º e 6º de Primaria.

Poderá o profesorado intentar adaptarse á súa clase , ás súas individualidades se ao rematar xa 3º de Primaria o seu alumnado de oito (ou sete) anos terá que superar un exame exactamente igual ao de todas as nenas e nenos da súa idade en todo o estado?

Poderá o profesorado atender á diversidade do seu alumnado, cambiar a súa metodoloxía didáctica, atender ao desenvolvemento das Competencias Básicas dos seus alumnos/as ou traballar por proxectos se, novamente, en 6º de Primaria o seu alumnado debe superar una nova reválida exactamente igual para todas as nenas e nenos da súa idade en todo o estado?

(E, por certo, que ocorrerá se un pequeno de esa idade está enfermo o día do exame?)

lomce

– A desparición do Coñecemento do Medio.

Esta materia, concebida como a vía para achegar ao alumnado de curta idade a súa contorna, entendida dun xeito global, sepárase en dúas materias, fragmentando o coñecemento ( non falaban de interdisciplinariedade?) e afastándoo do alumnado, posto que os programas serán comúns a todo o estado. Voltaremos pois a épocas nas que podiamos (teoricamente) recitar as capitais de Asia antes de saber o nome do río no que mollabamos os pés. É isto responder ás necesidades da aula?

Parece que en realidade camiñamos no sentido contrario ao sinalado por especialistas internacionais en pedagoxía inclusiva que falan da necesidade de que o neno/a asente o seu proceso de aprendizaxe partindo do coñecemento do medio que o rodea, do que lle é propio, do que configura a súa contorna e a súa identidade cultural e/ou social.

Lendo o currículo detidamente vaise desvelando, ademais, a concepción de ser humano e da función da escola (tamén da familia e da sociedade) que sustenta esta lei. Algunhas palabras chaman a nosa atención, sobresáltannos, como “intrusas” que se coasen en casa allea, resultan estrañas no currículum destinado a pequenos e pequnas de seis a doce anos: empresa, enprendedor, competitividade…. O mesmo ocorre con algunhas das tarefas propostas para idades tan temperás, como “investigar sobre unha empresa que cotice en Bolsa”.

Nas sociedades que coñecemos existe a convicción de que a escola axuda a modelar, a formar seres humanos. En consecuencia, todos/as nos temos  preguntado algunha vez qué nos fai seres humanos. Pois ben, as respostas son variadas,  pero o único certo é  que coñecemos sociedades humanas nas que non existe a compra-venda de bens  materiais; pola contra non coñecemos ninguna sociedade humana que carecera de manifestacións artísiticas ou musicais. Como é posible entón que a materia de Educación Artística coa nova lei pase en Primaria a ser materia específica, o que significa que cada escola ofreceraa ou non segundo a súa preferencia ou  segundo os recursos humanos e materiais dos que dispoña?  Poderá ocorrer  así que o alumnado de 1º a 6 de Primaria non curse nunca Plástica nin Música, pero si obterá coñecementos relacionados co mundo da economía e da empresa.

images

A compra-venda  ocupa un lugar privilexiado nesta lei.  Así, xa nas primeiras páxinas, enuméranse as competencias da Eduación primaria:

1º Comunicación lingüística

2º Competencia matemática y competencias básicas en ciencia y tecnología.

3º Competencia digital.

4º Aprender a aprender

5º Competencias sociales y cívicas.

6º Sentido de iniciativa y espíritu emprendedor.

7º Conciencia y expresiones culturales.

Alguén esqueceu cal é o sentido da palabra emprendedor nos últimos tempos?

E todavía máis, no bloque número 3, Vivir en sociedad , da materia de Ciencias Sociais, atopamos os seguintes contidos:

– Educación financiera. El dinero. El ahorro.

– Empleabilidad y espíritu emprendedor.

-La empresa: actividad y funciones.

E será o proxecto desta lei convertir o alumnado nun futuro Homo Vendex?

Concluíndo, a partir deste currículo para a Educación Primaria, é posible que as nosas fillas e fillos, se  pola escola é, non saiban quen foi Mozart pero non temos que preocuparnos porque posiblemente poderemos falar con eles sobre as últimas cotizacións da bolsa mentres lle poñemos a manteiga nas torradas.

Para que o comprobedes por vós, podedes ler o currículo de Primaria publicado no BOE, pinchando aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: