Home

Musicando a LOMCE no CMUS

12 Xuño, 2014

Remata o curso e chega o período de avaliación. A nosa Federación ferveu de actividade, as nosas Anpas están vivas. Desgrazadamente boa parte dos esforzos tiveron que centrarse na análise detallada da nova lei de educación, da información ás familias dos cambios que se achegan e, como consecuencia da análise ben fonda, ao rexeitamento persistente, activo da temida e, finalmente aprobada, contrarreforma educativa. Por iso queremos rematar este curso aludindo novamente á lei, pero xa non dende os aspectos máis pragmáticos: os deseños curriculares, a distribución das competencias, a organización dos centros… senón dende punto de vista puramente humano. Que concepto do ser humano sustenta esta lei? Onde queda a súa capacidade de crear? Diso nos falará Suso de Toro no derradeiro acto da Federación neste curso que se pecha. Non deixedes de acudir.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: