Home

Por fin reaccionan! Será verdade? Esperemos a que actúen ou nos chamen para concretar como van funcionar. E de momento non din nada sobre a presenza de apoio en comedores con necesidades…

Sigamos atentos. Nos próximos días pode chegar a resolución do conflicto.

BENESTAR SOCIAL E EDUCACIÓN

O Concello satisfará as bolsas de comedor antes do día 5 de cada mes

Mar Martín e Mercedes Rosón durante a rolda de prensa.
Ampliar Mar Martín e Mercedes Rosón durante a rolda de prensa.

21/09/2009 No curso 2009-2010, o Concello pon en marcha en colaboración coas ANPAS un sistema de xestión máis eficaz para as bolsas de comedor. Esta fórmula permitirá que antes do 5 de cada mes se poda satisfacer a bolsa correspondente ao servizo prestado o mes anterior.

As concelleiras de Benestar Social e de Educación, Mar Martín e Mercedes Rosón, compareceron en rolda de prensa para explicar esta fórmula, agradecendo de antemán a colaboración dos pais e das ANPAS nesta xestión. Así, recordaron que o retraso nos pagos dos meses de maio e xuño do anterior curso obrigaron ao Concello a presentar un novo sistema de xestión máis eficaz, que permitirá que antes do 5 de cada mes se poda sufragar a bolsa.

Lamentan, pero respectan, a decisión dalgunha ANPA de non colaborar na xestión das bolsas de comedor. Nestes casos, indicaron, o Concello pagará directamente as bolsas ás familias.

Sobre a demanda de que o Concello se faga cargo da xestión dos comedores escolares, Mar Martín, apuntou que “o Concello non ten nin capacidade nin posibilidade de facerse cargo desta xestión”. Neste sentido, Mercedes Rosón engadiu que “nós apoiamos as solicitudes que podan facer as ANPAS para que a Consellería de Educación se faga cargo da xestión ou co-xestión dos comedores”, pero reiterou a imposibilidade municipal de xestionar os comedores dos 14 centros de primaria e tres escolas rurais cos que conta Santiago.

El Correo Gallego

Santiago | Ultimátum de las Anpas a Raxoi por impago en los comedores escolares | El Correo Gallego – Diario de la Capital de Galicia

El Ayuntamiento de Santiago le debe a las asociaciones de padres de los colegios con comedor 25.000 euros correspondientes a las becas de entre sesenta y setenta alumnos que, por necesidades de sus familias, son beneficiarios de ayudas. Se corresponde con los meses de septiembre de 2008 y mayo y junio de 2009, y esos impagos colocan a las asociaciones de algunos centros en una situación económica muy difícil.Las becas, además, no cubren el cien por cien del coste, sino el 85%, y el resto debe reclamarse en ocasiones a familias desestructuradas o que disponen de muy pocos recursos, lo que hace el cobro prácticamente imposible. “Hay directivos de asociaciones que tienen que adelantar el dinero de su propio bolsillo”, explica el secretario de la Federación de Anpas del Ayuntamiento de Santiago, Francisco Macías.Esta situación ha llevado a las asociaciones a lanzar un ultimátum al Ayuntamiento, que pasa por “no aceptar a partir del jueves 1 de octubre a los becarios del Ayuntamiento que usaron el comedor el pasado curso, puesto que están incumpliendo el reglamento” en lo que respecta al “pago puntual de la cuota de comedor”.

Añaden que su intención es que el Ayuntamiento “agilice su gestión” y mantener así la colaboración con Raxoi, para “evitar que estos momentos tan difíciles económicamente resulten perjudicados estos niños”.

La concejala de Benestar, Mar Martín, reconoce que “surgió un problema el año pasado” con las becas de comedor, al no “contar con los meses de septiembre y junio”. Por ello “este año hubo que crear un nuevo crédito y buscamos una nueva fórmula” para agilizar los pagos. En cualquier caso, la edil asume que las Anpas, como entidades que, de forma voluntaria, se encargan de la gestión de los comedores escolares, decidan “no seguir colaborando” con el Ayuntamiento en lo que respecta a las becas.

La opción de Raxoi será “entregar el dinero directamente a las familias” y que sean ellas las que se encarguen de pagar el comedor escolar de sus hijos. No es la mejor opción para Mar Martín, ya que “entregar el dinero a las Anpas es una forma de garantizar que se utiliza para eso”, sobre todo en casos de familias con problemas graves.

Las Anpas también reclaman la presencia de educadores sociales de apoyo en los comedores en los que hay un porcentaje elevado de becarios.

. acalvo@elcorreogallego.es

LOS DATOS

Más de la mitad

·· En el colegio de Sar diecisiete de los veinticinco alumnos que usan el comedor escolar son becarios. Los impagos desestabilizan a la asociación de padres, pero también hay problemas de convivencia en el comedor y los padres reclaman un educador social. En todo Santiago hay entre 60 y 70 becarios de comedor.

Fuera de su alcance

·· Mar Martín asegura que el Ayuntamiento “no puede asumir el tema de la disciplina en los comedores”, si bien reconoce que se trató de buscar personal de apoyo “a través del Secretariado Gitano”. La alternativa, apunta, es “expulsar a aquellos niños que incumplan las normas” .

**********************************************************************************************

La Voz de Galicia

Las Anpas amenazan con dejar sin comer a los escolares con menos recursos

Si el Concello no abona las becas que ha concedido a escolares de familias con menos recursos, a partir del 1 de octubre ese alumnado no será admitido en los comedores escolares. Así lo ha comunicado la Federación de Asociacións de Nais e Pais (Anpas) de Santiago en un escrito enviado al Ayuntamiento. Las Anpas tienen la responsabilidad de la gestión de todos los comedores escolares públicos que funcionan en la ciudad.

Francisco Macías, dirigente de la Federación compostelana de Anpas, explica que la administración local les adeuda unos 25.000 euros por las comidas servidas a escolares que se benefician de esas becas en mayo, junio y en este mes de septiembre. La situación resulta especialmente difícil en algún centro, como el de Sar, en el que la mayoría del alumnado que asiste habitualmente al comedor -hasta 17 de 25 comensales- abonan el servicio con esas ayudas municipales.

A los restantes usuarios de los comedores se les cobra el servicio en los cinco primeros días del mes. En ese período deben afrontarse buena parte de los pagos. Las Anpas gestionan desde hace cuatro años, infructuosamente hasta ahora, que el Concello se ciña también a ese plazo para abonar las becas. Macías sostiene que en alguna ocasión incluso algún directivo de Anpa ha adelantado dinero propio para afrontar algún pago inaplazable del comedor.

La Federación de Anpas indica en su escrito que «neste momento resúltanos imposible e intolerable manter a actual situación, inviable económica e humanamente, tendo en conta que todo o traballo recae en mans voluntariosas con suficientes cargas laborais e familiares como para asumir un traballo que non lles corresponde e non entra dentro do seu horario». Hay casos, agrega Macías, en que miembros de la Anpa que no envían a sus hijos al comedor se encargan de la gestión del servicio.

Además del problema económico, la federación reclama que se garantice la presencia de un educador social «en toda a franxa horaria nos comedores onde o número de comensais en risco de exclusión social -los beneficiarios de las becas municipales- supere o 5% de asistentes ao comedor escolar».

La Federación de Anpas insiste en demandar del Ayuntamiento que «axilice a súa xestión e colabore coas Anpas como debe, para evitar que nestes momentos tan difíciles economicamente resulten prexudicados estes nenos e nenas». También piden que se entienda su posición en este asunto, pues desde hace años garantizan «con enorme esforzo» el funcionamiento de este servicio «pero, simplemente, non podemos máis», sostienen.

Ultimátum

15 Setembro, 2009

Iniciado o curso e aínda sen noticias do concello sobre os temas pendentes, convocamos unha reunión de urxencia para resolver o temas das bolsas de comedores. Resolvemos facerlle chegar ao concello o documento que se copia embaixo. Acórdase igualmente convocar en breve unha rolda de prensa para informar á opinión pública deste e outros temas do ensino público en Santiago.

Á atención da Concellería de Benestar Social de Santiago de Compostela.

A Federación de ANPAS do concello de Santiago de Compostela, reunida o luns 14 de setembro, vén de facer a seguinte consideración.

A pesar dos esforzos feitos de cara a colaborar co Concello na xestión das bolsas de comedor escolar, esta Federación leva longo tempo sen ver resoltos os problemas que arrastramos dende hai anos. Neste momento resúltanos imposible e intolerable manter a actual situación, inviable económica e humanamente, tendo en conta que todo o traballo recae en mans voluntariosas con suficientes cargas laborais e familiares como para asumir un traballo que non lles corresponde e non entra dentro do seu horario.

Por esta razón solicitamos do concello que materialice neste mesmo mes os seguintes puntos, dos que diferentes ANPAS xa teñen tratado en reiteradas ocasións tanto cos traballadores responsables como coa mesma concelleira:

  • Pagamento da débeda do curso 2008-2009 (setembro, maio e xuño).
  • Compromiso de pagar o comedor dos bolseiros no mesmo prazo que o resto dos usuarios de cada centro (a principios de mes) así como de pagar o 100% do custo do comedor.
  • Garantir a presenza dun educador social  en toda a franxa horaria nos comedores onde  o número de comensais en risco de exclusión social supere o 5 % de asistentes ao comedor escolar.

De non obter unha resposta axeitada a todas estas necesidades, as ANPAS dos colexios públicos deste Concello non aceptarán a partir do xoves 1 de outubro aos bolseiros  do Concello que usaron o comedor o pasado curso posto que están incumprindo os regulamentos dos centros (comedores) no tocante ao pagamento puntual da cota de comedor.

Queremos que quede claro que desexamos que o Concello axilice a súa xestión e colabore coas ANPAS como debe para evitar que nestes momentos tan difíciles economicamente resulten prexudicados estes nenos e nenas. Esperamos que o concello non pretenda culpabilizarnos desta situación posto que todos os implicados por parte da administración saben sobradamente da boa vontade das ANPAS dos colexios públicos e do enorme esforzo que veñen facendo curso tras curso para evitar chegar a esta situación pero, simplemente, non podemos máis.

En Santiago de Compostela, a 15 de setembro de 2009

    A PRESIDENTA    O SECRETARIO
    Nerea de Valenzuela   Francisco Macías

A Federación Municipal de ANPAS de Colexios Públicos de Santiago de Compostela ante a incapacidade da Concellería de Educación de establecer fórmulas de colaboración estable coas ANPAS dos Colexios públicos de educación infantil e primaria decidiu concentrar os seus esforzos na actividade nos centros e no reforzamento de actividades conxuntas.

Desde a celebración das pasadas eleccións municipais a Federación Municipal de ANPAS demandou do Concello unha implicación na educación pública situándoa como unha prioridade municipal como se fai con outras áreas municipais nas que, cunha competencia local máis ou menos clara, se actúa con decisión. Nesta liña propuxéronse varias vías de colaboración -semellantes ás que funcionan en Concellos como Pontevedra, A Coruña, Teo ou Ames-.  A Federación estaba aberta a fórmulas como a organización directa polo Concello de actividades extraescolares nos centros educativos (de feito o Concello recibiu para este fin máis de 30.000 euros da Xunta de Galicia que se empregan en programas desenvolvidos fóra dos centros).  Tamén apuntamos a posibilidade de consignación orzamentaria directa dunha partida con esta finalidade ou a suscripción dun convenio de colaboración.

Logo de sucesivas reunións ao longo destes dous anos coas distintas responsables da Concellería de Educación e co propio Alcalde sen ofrecerse solucións, o anuncio da convocatoria de axudas municipais no día de hoxe -29 de xullo- é un claro exemplo de desconsideración para co noso labor ao usar datas nas que os centros educativos están pechados para convocar unhas axudas para actividades dun período xa finalizado e nas que as ANPAS concorren con todo tipo de entidades educativas para disputar unha partida orzamentaria mínima.  Por esa razón as ANPAS renuncian concorrer a esa convocatoria de axudas e toman a decisión de centrar os seus esforzos en actividades que melloren a educación e os servizos ás familias e non en solucionar xestións municipais.

Desde este momento a ruptura de relacións co Concello vai levar a que as ANPAS non concorran á convocatoria de axudas que se anuncia e que, previsiblemente, verá a luz como o ano pasado no mes de agosto. Tampouco van ser as ANPAS as que asuman o labor de control e anticipación do pago das axudas sociais que receben familias para os custos de comedor e outros semellantes. O Concello debe programar a presenza de educadores sociais nos centros nos que existen comensais con axuda social que permita mellorar os hábitos educativos no entorno do comedor escolar e verificar a asistencia destes comensais. Así mesmo deberá anticipar os pagos ás familias para non impedir que nenos e nenas necesitados deste servizo poidan verse limitados nun tempo de crise que debería ver reforzados estes servizos.

La Voz; Data de publicación: 20/4/2009 (tradución automática)

A Federación de asociacións de nais e pais (Anpas) de colexios de primaria de Santiago expuxo ao alcalde, Sánchez Bugallo, e ás edís de Educación e Servizos Sociais, Guadalupe Rodríguez e Mar Martín, a necesidade dun maior apoio para os comedores e para as actividades que organizan. Asistiron ao encontro a presidenta da Federación, Nerea do Valenzuela, do colexio Pío XII, e representantes dos centros de Lamas de Abade e Roxos-Villestro.

Foi o primeiro contacto directo da federación co alcalde, aínda que anteriormente mantiveran contacto coas dúas edilas. As Anpas insistiron en que o voluntarismo de nais e pais non pode asumir a carga que soportan para o funcionamento dos centros e propuxeron que se axilicen as axudas que dependen do Concello, e redúzanse os trámites para acceder a elas.

As autoridades locais indicaron que os comedores deben ser competencia da Consellería de Educación, polo que as Anpas solicitaron que desde Raxoi se medie para que a Xunta asuma un servizo que cada vez ten maior demanda e desborda ás Anpas. En maio terán un novo encontro de seguimento destes asuntos.