HOXE ESTIVEMOS NA RÚA
11 Abril, 2014
A xeito de foliada un tanto áceda, as familias de Compostela que temos fillos e fillas no ensino público hoxe espuxemos a realidade dos nosos colexios a todos os nosos concidadáns: na praza do Toural amosamos a cara máis lamentable das instalacións nas que viven todos os días os nosos pequenos e pequenas; as imaxes falaron de como pasan as súas mañáns entre humidades e friaxes, de como xogan en lameiros e en patios tan suxos que semellan abandonados; e todo iso acontece na capital de Galicia, nun dos berces de Europa, na cidade patrimonio universal da humanidade, na fin do camiño…. que é tamén, e sobre todo, o lugar que habitamos e onde criamos aos nosos fillos e fillas.
Nós temos moito que falar sobre educación, moito que expresar e moito sobre o que discutir; esa debe ser a función das asociacións de nais e pais, o noso traballo, a nosa razón de ser; pero, quen pode falar cando ten frío?, quen pode debater cando cheira a mofo?, quen pode pensar cando esvara no chan mollado?; e que nai, que pai, pode pensar noutras cousas cando os seus fillos e fillas están padecendo estas carencias que non son inevitables, que non veñen provocadas pola crise, que non son consecuencia de tifóns nin cicloxéneses, que só son o resultado da inacción consciente dunha administración ineficaz, inoperante, innecesaria na súa propia incapacidade.
A resposta dos responsables públicos, cantas veces lles plantexamos o que hoxe puxemos á vista de tod@s, foi unha constante evasión das súas propias responsabilidades, desas responsabilidades que son a razón única pola que están onde están; pois é a súa obriga xestionar o público, o que é de todos, dirixir a acción colectiva para que mellore, co traballo e tempo que nós lles pagamos, a vida das nosas familias e o futuro das xeracións que xa están vindo.
Por iso hoxe saímos á rúa, e continuaremos saíndo mentres os nosos nenos e nenas non teñan o que merecen que é nin máis nin menos que o trato e a atención privilexiada que lle corresponde sempre a quen de nos depende.
O falar non ten cancelas
15 Abril, 2011
Segue o festival comedores na prensa:
E segue a saga dos comedores…
14 Abril, 2011
O eco do comunicado na prensa…
9 Abril, 2011
As Anpas queren deixar de prestar tantos servizos
Afirman que non perseguen a gratuidade dos comedores, senón deixar de levar a complexidade da súa xestión diaria
Santiago / A Voz 9/4/2011
A Federación de Asociacións de Nais e Pais (Anpas) de colexios públicos de Santiago afirman que queren deixar de funcionar como “auténticas empresas” prestadoras de servizos como madrugadores, comedores, actividades extraescolares, ludotecas, etc., obrigadas pola propia dinámica social e as demandas dás familias». Aseguran que existe opinión unánime en que non lles corresponde a xestión dos comedores escolares, asunto polémico nos últimos días: «Non pedimos a gratuidade dous comedores escolares, declaramos que non é nosa a competencia de xestionalos. A unanimidade é absoluta sobre que todo isto ten que cambiar. Talvez as opinións non sexan tan unánimes sobre cal debe ser ou camiño para que se efectúe ese cambio», indican nun comunicado sobre este asunto.
«Entre cadrar contas, buscar finanzamento, contratar e controlar o funcionamento dos servizos, atender demandas, negociar falta de pagamentos, etc., a contribución das Anpas á comunidade educativa vese seriamente comprometida. E todo isto, feito desde o máis absoluto voluntarismo en horas roubadas ao seu tempo libre por persoas que, estase vendo estes días, aínda teñen que pasar polo trámite de render contas ante os ‘clientes’», agregan.
Valoran que ao implantar a xornada única nos colexios deuse un desmantelamento de moitos comedores escolares. E agora «o esforzo das Anpas serviu para que todos os colexios públicos dá cidade conten co servizo de comedor. Cada un funciona como boamente pode e ten os seus propios problemas».
Santiago, como Ferrol
A Federación de Asociacións de Nais e Pais non ve xusto que difira o prezo do menú segundo o colexio ou que as Anpas deban controlar a calidade dos menús nun centro público, garantir a salubridade do espazo no que se serve a comida, velar pola legalidade dos contratos de prestación de servizos ou controlar a situación laboral do persoal de comedores, entre outras cuestións.
Defenden que o Concello de Santiago asuma un papel activo como ocorre xa este curso na comarca de Ferrol.
Comunicado sobre o conflito de comedores
8 Abril, 2011
Ante o confuso tratamento que está a ter este tema na prensa estes días a Federación Anpas Compostela quere comunicar o seguinte:
Non existe división na Federación de Anpas Compostela no tocante ao diagnóstico da situación dos colexios públicos na cidade, e a opinión de que a xestión dos comedores escolares non lles corresponde ás Anpas é unánime.
A realidade e as necesidades das familias usuarias dos colexios públicos mudaron moito nos últimos anos, e mentres as administracións seguen no pasado, as Anpas son hoxe auténticas ‘empresas’ prestadoras de servizos como madrugadores, comedores, actividades extraescolares, ludotecas, etc. obrigadas pola propia dinámica social e as demandas das familias.
Entre cadrar contas, buscar finanzamento, contratar e controlar o funcionamento dos servizos, atender demandas, negociar impagos, etc. a contribución das Anpas á comunidade educativa vese seriamente comprometida. E todo isto, feito desde o máis absoluto voluntarismo en horas roubadas ao tempo libre por persoas que, estase vendo estes días, aínda teñen que pasar polo trámite de render contas ante os ‘clientes’.
Anpas Compostela é o ámbito onde todas esas persoas desfogan as penurias da xestión da cada centro, cada un coas súas peculiares características, e onde se fai patente que esa maneira de funcionar vaise acabar. Na Federación traballamos para que as Anpas poidan chegar un día a liberarse das súas obrigas como meras prestadoras de servizos.
Anos atrás, a implantación da xornada única nos colexios públicos da cidade implicou o desmantelamento de moitos comedores escolares. Hoxendía vemos como o esforzo das Anpas serviu para que todos os colexios públicos da cidade conten co servizo de comedor. Cada un funciona como boamente pode e ten os seus propios problemas. Desde Anpas Compostela coidámonos moito de impoñer receitas sobre como se deben xestionar, pero non podemos deixar de constatar que:
• Non é xusto que se pague máis ou menos por menú en función do colexio
• Non é xusto que o servizo de comedor deixe fóra familias con dificuldades económicas
• Non é a Anpa quen debe controlar a calidade dos menús servidos nun centro público
• Non é a Anpa quen debe garantizar a salubridade do espazo no que se serve a comida
• Non é a Anpa quen debe velar pola legalidade dos contratos de prestación de servizos no colexio
• Non é a Anpa quen debe controlar a situación laboral do persoal de comedores
• Non é a Anpa (segundo a lei vixente) quen debe realizar eses contratos nun centro educativo público
• Non é a Anpa quen debería adxudicar arbitrariamente as subvencións recibidas para comedores
Non pedimos a gratuidade dos comedores escolares, declaramos que non é nosa a competencia de xestionalos. A unanimidade é absoluta sobre que todo iso ten que cambiar. Tal vez as opinións non sexan tan unánimes sobre cal debe ser o camiño para que se efectúe ese cambio.
A raíz de varias reunións con outras federacións locais como Ferrolterra e Vigo -nas que naceu a asociación Anpas Galegas- e despois de terlle trasladado en novembro ao Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia as nosas reivindicacións (que considerou negativamente), comezamos a contemplar a idea do plante dos comedores.
A Federación de Ferrolterra levouno a cabo a principios do presente curso, o que obrigou aos concellos a asumir interinamente o servizo, exemplo que consideramos imitar en Vigo e Santiago.
A rolda de consultas realizadas nos centros nos últimos días responden a ese propósito. Anpas Compostela non considera convocar un plante xeral dos comedores dos colexios públicos en Santiago a menos que unha maioría significativa das Anpas estea de acordo coa medida.
Á marxe das consecuencias que isto poida ter na dinámica interna de cada unha das Anpas, isto, de momento non implica divisións nin rupturas no seo da federación Anpas Compostela.
Agora ben, o impacto que na federación local e no funcionamento dos propios centros van ter as dimisións de directivas de Anpas que se están dando nestes días, vai ser claramente negativo e, ademáis dun paso atrás na busca dunha posible solución, unha moi mala noticia para o asociacionismo desta cidade.
De novo na prensa o conflito dos comedores
7 Abril, 2011
Con algunhas afirmacións non de todo correctas e que teremos a ben matizar nunha próxima entrada, este novo artigo da Voz dá conta do sucedido no tema de comedores nestes días.
Da Anpa do Pío XII e a Anpa de Roxos-Villestro
A xestión dos comedores divide á federación de Anpas
En Roxos aproban desvincularse, e a do Raíña Fabiola vai dimitir
- Autor: JOEL GÓMEZ
- Localidade: Santiago / LA VOZ
- Data de publicación:7/4/2011
A dimisión da directiva da Asociación de nais e pais (Anpa) do colexio público Pío XII por negarse a manter a xestión do comedor escolar non é un feito illado: outras asociacións da cidade discutiron o asunto, e na Federación de Anpas compostelás existe división.
A Anpa de Roxos-Villestro aprobou en asemblea desvincularse da xestión do comedor o próximo curso; e en termos semellantes expresáronse as directivas das Anpas de Fontiñas, Ramón Cabanillas e Lamas de Abade. E a do Raíña Fabiola, onde se trata o asunto a próxima semana: Francisco Macías adianta que, independente do resultado, a actual directiva dimitirá e «non queremos saber nada de organizar o comedor o próximo curso». No López Ferreiro, Monte dos Pontes e Quiroga Palacios aprobaron seguir como agora.
A Anpa dimisionaria do Pío XII convocou onte eleccións, que serán o vindeiro xoves. Ademais, na reunión do consello escolar do centro, celebrada antonte ata entrada a noite, dimitiu Rosario Porto, designada pola Anpa como representante; a aínda presidenta en funcións da Anpa, Nerea de Valenzuela, continúa por ser elixida para o posto directamente polos pais. Pero afirma que proximamente dimitirá de presidenta da Federación local de Anpas.
Polémica no Pío XII
No Pío XII o asunto é polémico hai días. Varios pais organizaron a través do correo electrónico a oposición á directiva da Anpa e consideran que non actuou ben; ata hai persoas que din sentirse enganadas. A maioría considera idóneo que a Consellería de Educación xestione os comedores escolares -como fai no colexio público da Sionlla-, pero dubidan que os asuma na situación actual, e ante o temor a quedar sen o servizo optan por que a Anpa manteña a xestión. Ese foi o sentir da asemblea de Monte dos Postes, explica a presidenta da Anpa do centro, Lucía Gutiérrez.
Pero en Monte dos Postes, como noutros colexios, valorarán apoiar as medidas de presión que organicen a Federación de Anpas de Santiago, e a de Galicia, pois o tema transcende á cidade. En Ferrol xa tivo que tomar medidas cos comedores este curso a consellería.
En todo caso, todos os centros garanten o servizo de comedor ata final deste curso. A cuestión está en se segue ou non, e como, no próximo.
Sobre este asunto, Esquerda Unida afirma que a xestión dos comedores non debe repousar nas Anpas, senon no Concello e na Xunta.
«No Pío XII está todo ben organizado e funciona ben, quen nos releve terá o traballo fácil»
Nerea de Valenzuela
«O comedor é un tema importante: hai riscos sanitarios, de accidentes e de xestión de persoal»
Alba Nogueira
A demisión da directiva da Anpa do Pio XII na prensa
6 Abril, 2011
Desde a Federación Anpas Compostela, queremos manifestar o noso recoñecemento ao importante e xeneroso labor realizado pola directiva da Anpa do Pio XII a prol do ensino público de Santiago, alén do traballo realizado no propio centro. A súa participación ten sido crucial no nacemento desta Federación e esperamos seguir contando con ela, nomeadamente na persoa da súa presidenta Nerea de Valenzuela.
Manifestamos tamén a nosa solidariedade ante a difícil situación que veñen de atravesar e o noso apoio a súa postura.
O conflicto dos comedores escolares, que sen dúbida será de novo protagonista nas páxinas da prensa, noutros colexios e noutras cidades, só acaba de comezar. A pesar da cega teimosía de quen ignora unha realidade apremiante nos colexios públicos das cidades, a prestación de servizos básicos nos colexios (madrugadores, comedores, actividades extraescolares) ten acadado unha dimensión que xa é ingobernable polo voluntarismo das Anpas.
Mentres as administracións miren para outro lado e unha minoría de pais se empeñen e ‘matar o mensaxeiro’, o lamentable é que as persoas que aportaron o seu traballo desinteresado e teñen a visión máis próxima do acontecer dos colexios sexan apartadas desta maneira.
Cousas veredes…
Así é como aparece recollida na Voz a demisión que xa coñeciamos no seo da federación desde a última asemblea.
A directiva da Anpa do Pío XII dimite para deixar o comedor
Pide que o xestione Educación e critica o actual «desamparo legal»
- Autor: Joel gómez
- Localidade:santiago / a voz
- Data de publicación:6/4/2011
A directiva da Asociación de nais e pais (Anpa) do colexio público Pío XII formalizou onte a súa dimisión en bloque para mostrar o seu descuerdo con ter que xestionar o comedor escolar. Tamén confirmou a súa renuncia a presidenta da Anpa, Nerea de Valenzuela, como representante no consello escolar do centro educativo. Consideran que a organización dese servizo debe corresponder á Consellería de Educación, e ven «desamparo legal» na situación actual.
A dimisión anunciárona o xoves da semana pasada, na asemblea extraordinaria da Anpa que convocaran cun punto único: valorar a continuidade do comedor escolar para o próximo curso. Pola importancia do asunto no canto das 15 ou 20 persoas que adoitan acudir a estas asembleas participaron 273, pois ese servizo é moi utilizado pola comunidade escolar, xa que ten máis de 250 usuarios que o demandan. O Pío XII é o colexio de primaria con máis matrícula de Santiago, 675 escolares, con todas as súas prazas ocupadas.
Nesa asemblea a directiva da Anpa propuxo abandonar a xestión do comedor do centro, e solicitar que a asumise Educación.
Votación en contra
O asunto levantou enorme polémica, que se arrastraba desde días anteriores, cando se coñeceu a intención da directiva da Anpa.
Ao someter o asunto a votación, 190 socios manifestáronse a favor de que a Anpa manteña a xestión do comedor; 80 secundaron as pretensións da directiva, contrarias a continuar con esa xestión; e houbo 3 abstencións. Ante esa votación en contra a directiva anunciou a súa dimisión.
«A finalidade dás Anpa é a de velar pola calidade educativa e fomentar a participación dás familias na vida do centro, ou resultado dá consulta non foi ou esperado por esta directiva», indican.
Así, quen releven á actual directiva encargaranse do contrato do servizo de cátering, dos contratos de monitores, supervisión e control dos menús e do equipo de traballo, responsabilidade civil, e outras tarefas que esixe este servizo, como ata agora. No que queda deste curso manterase o seu funcionamento.
COMUNICACIÓN AOS MEDIOS. Santiago, 5 de xuño de 2009
8 Xuño, 2009
A Federación Municipal de ANPAS de Colexios Públicos de Compostela asiste, preocupada, á ausencia dun apoio firme á educación como panca de igualdade e mellora da sociedade. Agora, ante o anuncio das primeiras medidas do novo goberno autonómico en materia educativa, este organismo que representa ás nais e aos pais dos centros públicos da cidade, quere expresar:
1. Que a decisión de reducir as materias impartidas en galego limita a adquisición real das competencias lingüísticas dos nenos e nenas e, no futuro, pode situar a un número significativo dos actuais estudantes en inferioridade de condicións no acceso a moitos postos de traballo nunha sociedade plurilingüe. O anuncio resulta aínda máis rechamante cando o Tribunal Supremo acaba de volver negar, en relación con Educación para a Cidadanía -como xa fixera o Tribunal Constitucional na Sentenza 337/1994 no que se refire á lingua propia na educación-, que poida haber un ámbito de elección para os pais no relativo á fixación do currículo escolar. Se estas medidas saísen adiante, o novo goberno, amparándose nunha suposta liberdade de elección dos proxenitores, estaría restándolles competencias e formación aos nenos e nenas nunha etapa fundamental do desenvolvemento intelectual e lingüístico, en detrimento do seu dereito a seren formados como cidadáns cultos e iguais en dereitos. Os pais e nais queremos que nos pregunten tamén sobre cuestións que realmente nos preocupan da educación dos nosos fillos/as: número de nenos e nenas por aula; necesidade de aumentar a dotación de profesorado; servizos complementarios precisos…
Pensamos que a educación é un asunto de todos e todas e que as decisións sobre a lingua de ensino correspóndenlle á cidadanía no seu conxunto polo que rexeitamos unha enquisa que non lle permite decidir aos galegos e galegas nunha decisión central para o futuro da lingua, na que se omitiu a partipación dos órganos de participación educativas na súa redacción, que non ofrece garantías de transparencia no tratamento dos seus datos e pretende crear un conflito que oculte os verdadeiros problemas da educación.
2. Que medidas recentes de supresión de moitas prazas de especialistas de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe supoñen un claro deterioro da calidade do ensino público e poñen en serio risco a integración escolar dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais. Pola contra, é preciso dotar de máis profesorado aos colexios públicos, reducindo o número de nenos e nenas nas aulas, especialmente no ciclo de educación infantil, nas aulas con nenos e nenas con necesidades educativas especiais e na materia de lingua estranxeira. Nese sentido, resulta pouco serio falar da extensión do coñecemento do inglés con anuncios de que se impartirán novas materias nesa lingua cando o profesorado non está lingüisticamente capacitado. Tampouco se pode soster, nun país que faga da educación a súa prioridade, unha ratio de 25 alumnos/as por aula, especialmente nas clases de inglés e na etapa de 3 a 5 anos, fundamental na adquisición da autonomía e da pre-lectoescritura.
3. Que urxe que a Administración asuma a xestión dos comedores escolares e as actividades extraescolares como elemento complementario da oferta educativa garantindo a gratuidade para aquelas familias que o precisen por razóns de renda, así como a profesionalización e xeneralización destas opcións complementarias no conxunto dos colexios da rede pública. O emprego de varios millóns de euros das arcas públicas en soster centros concertados que practican a inconstitucional segregación por sexos podería financiar unha parte do custo de axudar ás familias con menos recursos con bolsas de comedor ou actidades extraescolares.
As nais e pais das ANPAS compostelás manifestan o seu firme compromiso de seguir traballando por unha educación pública e de calidade na procura dos recursos que unha sociedade avanzada debe dedicar ao ensino público para seguir mellorando.
O Pío XII ten 86 solicitudes só para nenos de primeiro de educación infantil e 21 para os demais cursos
Algúns colexios non poderán atender todas as demandas de praza recibidas ata o pasado 31 de marzo
- Autor: Marga Mosteiro 3/4/2009
Todos os colexios públicos da cidade, salvo un par de excepcións, rexistraron un incremento de solicitudes para demandar prazas para o próximo curso escolar. Algúns non poderán atender as peticións e será a comisión de escolarización a que teña que dirimir quen conseguen unha das desexadas vacantes. Outros, que non cubriron todas as prazas libres, mostráronse seguros de que encherán as aulas coa chegada de alumnos doutros municipios, fundamentalmente procedentes de Milladoiro, onde non hai suficientes vacantes para atender o incremento da natalidade do municipio.
Tamén nos colexios concertados da cidade recibíronse numerosas solicitudes e, salvo algúns casos, tampouco poderán atender a todos os demandantes, que deberán esperar a que a comisión de escolarización faga públicas as listas. Algunhas fontes apuntaron que é probable que non se coñeza a resolución ata finais de abril, dado que se espera que se produzan reclamacións para intentar rabuñar postos especialmente nos centros máis demandados.
O colexio público coa demanda máis alta é o Pío XII, que recibiu 86 solicitudes cando ofertaba 75 prazas, das que nove quedan reservadas para alumnos de necesidades especiais. Tamén para os outros cursos houbo peticións, ata naqueles casos nos que non se ofertaban prazas. Así, para segundo de infantil presentáronse seis solicitudes aínda que non hai vacantes e catro para terceiro de infantil, onde había dúas prazas libres. Outros oito nenos aspiran ás dúas vacantes de primeiro de primaria; dous máis queren entrar en cuarto, onde non hai vacantes; e un desexa cursar sexto, onde excepcionalmente hai catro vacantes. No centro recoñecen que as peticións poderían ser aínda máis, pero moitos decidiron non presentar as solicitudes ao ver as poucas posibilidades de obter praza.
O López Ferreiro, con sesenta solicitudes para tres anos, tampouco poderán atendelos a todos, xa que dispón de cincuenta prazas. Outros cinco nenos aspiran ás tres prazas de catro anos e dous máis querían cursar terceiro de infantil, onde non hai vacantes.
A situación non é mellor no colexio de Villestro-Roxos. Aquí tamén terán que facer encaixes para conseguir admitir a todos os nenos, xa que se presentaron un total de 40 solicitudes, 31 só para tres anos. O director dixo que espera poder admitir a todos, pero «será complicado». Algo parecido ocórrelle aos nenos do Monte dous Postes. O director ten claro que habilitará un aula máis de tres anos, o que lle permitirá acoller ás 35 solicitudes de prazas. Este centro recibiu outras once peticións máis para catro e cinco anos e 17 solicitudes para primeiro (15), terceiro e quinto de primaria. O responsable do centro mostrouse satisfeito coas peticións, o que demostra que o colexio esperta o interese dos pais.
O colexio Apóstolo Santiago foi un dos que menos peticións recibiu con só catro para tres anos e tres máis para catro, cinco anos e primeiro de primaria.
“El bipartito ha hecho lo mínimo” · ELPAÍS.com
26 Febreiro, 2009
ANNA FLOTATS – Santiago – 26/02/2009
Lo que empezó como “una pequeña colaboración para hacer fotocopias y esas cosas” se convirtió en su segundo trabajo. Virgilio Gantes (A Coruña, 1953) se hizo socio de la APA del colegio de su hija el primer día que la niña pisó la escuela. Dos años después era el presidente. Y hoy está al frente de la Confederación de Asociacións de Nais e Pais de Galicia (Confapa). Lleva sólo dos años en el cargo, pero hace 15 que está en la junta directiva. Acostumbrado a las “promesas de campaña”, las escucha cada vez con más hastío y aprueba a la Xunta bipartita con un seis porque “se ha limitado a hacer lo mínimo”.
A mediados de enero, antes de que arrancara la campaña, la Confapa invitó a los tres partidos a la sede de la asociación para que expusieran sus propuestas educativas. Del PSdeG acudió a la cita la secretaria de organización y cabeza de lista por A Coruña, Mar Barcón. Del Bloque, la número dos por la misma provincia, Ana Pontón. Del PP, nadie. “Ni siquiera se dignaron a responder la carta. Y encima ahora se cargan el debate”, se enfada Gantes.
Aunque las conferencias ya olían a campaña -ambas políticas prometieron las 10.000 plazas de guarderías de cero a tres años que Touriño y Quintana anunciaron hace una semana-, los representantes de las APA salieron contentos de la reunión. De Barcón les gustó escuchar los objetivos de la Lei Galega de Educación, que incluye reivindicaciones históricas de los padres. Por ejemplo, que la gestión de los comedores competa a los centros en vez de a las APA y que la educación de cero a dos años deje de ser asistencial. Pontón, por su parte, propuso que los directores de los colegios vuelvan a ser escogidos por el consejo escolar, una batalla perdida por las APA desde que la Ley Orgánica Constitucional de Enseñanza apartó a los padres de ese proceso.
Las 855 asociaciones que agrupa la Confapa reconocen que en estos tres años ha habido avances, pero cada medida que consideran positiva tiene un inconveniente. Por ejemplo, la apertura de los centros fuera del horario lectivo. “Supone una gran mejora y favorece la conciliación, pero la medida debería estar acompañada de un servicio de transporte escolar, sobre todo en el rural”, explica Gantes. El Observatorio da Convivencia de Galicia, otro de los aciertos que la Confapa atribuye a la consellería de Laura Sánchez Piñón, también tiene un pero. “El diagnóstico sólo se hace en horarios lectivos, de manera que no se estudia el comportamiento de los alumnos en las actividades extraescolares o en el comedor”.
Educación, cuenta Gantes, aprobó el examen por sus programas: el PROA (de refuerzo, orientación y apoyo a los alumnos), el Valora (de potenciación de la educación en valores democráticos) y el FP plus. Pero los padres piden más. Quieren cuidadores en las clases de Infantil de tres a cinco años, más plazas de comedor y que las galescolas no sean una competencia de Vicepresidencia, sino del departamento de Educación. Y, sobre todo, un plan de trabajo coordinado con la consellería. En 2005 propusieron a Piñón encuentros trimestrales. “Pero desde entonces sólo nos reunimos si nosotros lo pedimos”.