Home

Para aquelas Anpas de centros públicos de Santiago que queiran integrarse na federación, estes son os pasos que hai que dar:

  1. Hai que dirixir unha solicitude á Federación Municipal Compostela. Esta solicitude é un certificado da asemblea onde se acorda integrarse na Federación Municipal. (Ver documento axuntado)
  2. Axuntar fotocopia do DNI.
  3. Hai que envialo ao enderezo da Federación Municipal: ANPA Fontela (CEIP Fontiñas) na rúa Roma 21 en Santiago de Compostela 15707 (A Coruña)

MODELO DE CERTIFICADO PARA A INSCRICIÓN

https://federaciondeanpascompostela.wordpress.com/como-integrarse-na-federacion-compostela/

Don/a ……… con DNI ……….., como secretario/a da entidade ANPA ………. do CEIP ………. de Santiago de Compostela,

CERTIFICA

Que segundo consta na acta da asemblea xeral extraordinaria celebrada o día…..de ….. de …… aprobouse a integración da ANPA ……. do CEIP …….. con numero de rexistro ……. e domicilio na rúa de ……., …… de Santiago de Compostela CP …….. na Federación Municipal de ANPAs dos Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago “Compostela”.

Tamén se aprobou outorgarlle a representación na mesma ao presidente da xunta directiva ………… con DNI …………..

E para que así conste aos efectos de constituir/integrarse na federación antes referida, expido a presente en Santiago de Compostela a día …….. de ……… de …………….

A Secretaria     Vº e P o Presidente

One Response to “Como integrarse na Federación Compostela”


  1. PLATAFORMA GALEGA POLA GRATUIDADE
    CONVOCATORIA DE XUNTANZA

    A Plataforma Galega Pola Gratuidade, consciente do interese que compartimos na defensa da calidade para a educación pública, convídavos a unha xuntanza a celebrar o próximo sábado día 26 de xuño, a as 11:00 horas, en Santiago, para tratar, entre otras propostas, os siguientes asuntos:
    • Análise actual da gratuidade dos libros de texto, e de como o novo decreto plurilingüe e vai a afectar ao libros de matemáticas afectos ao sistema de préstamo todavía vixente.
    • Mobilizacións e actuacións para realizar ao longo do mes de xuño.
    • Informe da reclamación presentada ante o Valedor do Pobo. Recollida de sinaturas.
    • A nova web da Plataforma como mecanismo de difusión.
    • Proxecto Abalar: Ordenadores gratis aos centro privado concertados.
    • Apertura a novas incorporacións–estatutos– mecanismos de acceso: socios/delegacións / colaboradores .
    Desta forma pretendemos facer un primeiro intercambio de opinións e puntos de vista, seguros de que o mellor xeito de facer chegar a nosa mensaxe, a defensa da calidade e gratuidade universal do sistema Publico de ensino, é través do compromiso e a participación solidaria de todos os que estamos implicados na Comunidade Educativa.
    Dende a Plataforma Galega pola Gratuidade aspiramos a servir de vínculo para o traballo conxunto de todos nós.
    O local de reunión está por confirmar. Notificarémolo na maior brevedade posible.
    Pobra do Caramiñal, 15 de xuño de 2010

    A Xunta Directiva


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: