Home

O 28 de febreiro publicouse no BOE o currículo básico da Educación Primaria.

O certo é que lendo algunhas descricións xerais do que será a práctica educativa dentro da nova lei, temos a sensación de que a actualización metodolóxica que parte das familias e do profesorado estabamos a reclamar, chegará por fin as aulas…

o-DOODLE-570

Se non fose porque esas bonitas palabras entran en brutal contradición co deseño e estrutura deste ciclo educativo.

Vexamos algún exemplo.

“Para lograr este proceso de cambio curricular es preciso favorecer una visión interdisciplinar y, de manera especial, posibilitar una mayor autonomía a la función docente, de forma que permita satisfacer las exigencias de una mayor personalización de la educación, teniendo en cuenta el principio de especialización del profesorado”.

Fantástico! O profesorado actuando con flexibilidade para responder ás necesidades do alumnado!

Porén….hai, polo menos, tres elementos ben ríxidos que contradicen esta declaración de intencións:

-A desaparición dos ciclos:

Se ata agora a Primaria se organizaba en tres ciclos, coa nova lei desaparecen para converterse en seis cursos independentes.

Poderiamos pensar que isto non é máis ca un superficial cambio de nomenclatura. Pero é algo moito máis profundo . A organización en ciclos significaba que o alumnado mantiña a mesma titora ou titor  durante dous anos e, tamén , que se respectaba  o feito de que os nenos e nenas teñen diferentes ritmos de maduración  e mesmo alteracións neses ritmos debido a causas internas ou externas (enfermidades, cambios traumáticos no contexto…..) En consecuencia, cada neno/a tiña dous cursos académicos para acadaren os contidos mínimos de cada ciclo. Agora tod@s deberán ir ao mesmo ritmo e o que se descolgue (polas razón que sexa) probablemente será apartado do sistema ao chegar á Secundaria, pois será dirixido cara á unha FP Básica ou, no mellor dos casos, cara un Plan de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento.

– As reválidas de 3º e 6º de Primaria.

Poderá o profesorado intentar adaptarse á súa clase , ás súas individualidades se ao rematar xa 3º de Primaria o seu alumnado de oito (ou sete) anos terá que superar un exame exactamente igual ao de todas as nenas e nenos da súa idade en todo o estado?

Poderá o profesorado atender á diversidade do seu alumnado, cambiar a súa metodoloxía didáctica, atender ao desenvolvemento das Competencias Básicas dos seus alumnos/as ou traballar por proxectos se, novamente, en 6º de Primaria o seu alumnado debe superar una nova reválida exactamente igual para todas as nenas e nenos da súa idade en todo o estado?

(E, por certo, que ocorrerá se un pequeno de esa idade está enfermo o día do exame?)

lomce

– A desparición do Coñecemento do Medio.

Esta materia, concebida como a vía para achegar ao alumnado de curta idade a súa contorna, entendida dun xeito global, sepárase en dúas materias, fragmentando o coñecemento ( non falaban de interdisciplinariedade?) e afastándoo do alumnado, posto que os programas serán comúns a todo o estado. Voltaremos pois a épocas nas que podiamos (teoricamente) recitar as capitais de Asia antes de saber o nome do río no que mollabamos os pés. É isto responder ás necesidades da aula?

Parece que en realidade camiñamos no sentido contrario ao sinalado por especialistas internacionais en pedagoxía inclusiva que falan da necesidade de que o neno/a asente o seu proceso de aprendizaxe partindo do coñecemento do medio que o rodea, do que lle é propio, do que configura a súa contorna e a súa identidade cultural e/ou social.

Lendo o currículo detidamente vaise desvelando, ademais, a concepción de ser humano e da función da escola (tamén da familia e da sociedade) que sustenta esta lei. Algunhas palabras chaman a nosa atención, sobresáltannos, como “intrusas” que se coasen en casa allea, resultan estrañas no currículum destinado a pequenos e pequnas de seis a doce anos: empresa, enprendedor, competitividade…. O mesmo ocorre con algunhas das tarefas propostas para idades tan temperás, como “investigar sobre unha empresa que cotice en Bolsa”.

Nas sociedades que coñecemos existe a convicción de que a escola axuda a modelar, a formar seres humanos. En consecuencia, todos/as nos temos  preguntado algunha vez qué nos fai seres humanos. Pois ben, as respostas son variadas,  pero o único certo é  que coñecemos sociedades humanas nas que non existe a compra-venda de bens  materiais; pola contra non coñecemos ninguna sociedade humana que carecera de manifestacións artísiticas ou musicais. Como é posible entón que a materia de Educación Artística coa nova lei pase en Primaria a ser materia específica, o que significa que cada escola ofreceraa ou non segundo a súa preferencia ou  segundo os recursos humanos e materiais dos que dispoña?  Poderá ocorrer  así que o alumnado de 1º a 6 de Primaria non curse nunca Plástica nin Música, pero si obterá coñecementos relacionados co mundo da economía e da empresa.

images

A compra-venda  ocupa un lugar privilexiado nesta lei.  Así, xa nas primeiras páxinas, enuméranse as competencias da Eduación primaria:

1º Comunicación lingüística

2º Competencia matemática y competencias básicas en ciencia y tecnología.

3º Competencia digital.

4º Aprender a aprender

5º Competencias sociales y cívicas.

6º Sentido de iniciativa y espíritu emprendedor.

7º Conciencia y expresiones culturales.

Alguén esqueceu cal é o sentido da palabra emprendedor nos últimos tempos?

E todavía máis, no bloque número 3, Vivir en sociedad , da materia de Ciencias Sociais, atopamos os seguintes contidos:

– Educación financiera. El dinero. El ahorro.

– Empleabilidad y espíritu emprendedor.

-La empresa: actividad y funciones.

E será o proxecto desta lei convertir o alumnado nun futuro Homo Vendex?

Concluíndo, a partir deste currículo para a Educación Primaria, é posible que as nosas fillas e fillos, se  pola escola é, non saiban quen foi Mozart pero non temos que preocuparnos porque posiblemente poderemos falar con eles sobre as últimas cotizacións da bolsa mentres lle poñemos a manteiga nas torradas.

Para que o comprobedes por vós, podedes ler o currículo de Primaria publicado no BOE, pinchando aquí.

O sábado 22 de febreiro, as directivas das ANPAs voltamos ás aulas no IES Pontepedriña e asistimos a unha xornada titulada O CAMIÑO DA LOMCE: UN CAMBIO RADICAL NA CONCEPCIÓN DO ENSINO E A SOCIEDADE.
DSC01753
Un dos pais que asistiu ás xornadas, envíanos esta reflexión.
O pasado sábado as directivas  das diversas ANPAS da contorna de Compostela  gozamos dunha xornada agradable e áxil; estivemos preto de catro horas (cun pequeno café) escoitando e falando sobre unha lei que nos vén imposta; foi un achegamento á realidade da Lomce que penso que non deixou indiferente a ninguén; moitos de nós enterámonos de que aínda era peor do que xa sabiamos, que a súa aplicación ía ser moitísimo máis lesiva para o futuro das nosas fillas e fillos e para toda a sociedade.
DSC01756    Agora tócanos a cada ANPA transmitir o que nós aprendemos, ás familias dos  nosos centros, para          que se informen, para que saiban a que se enfrontan, e tamén para crear opinión sobre toda a  problemática que esta lei vai traer para todos. Estas son as preguntas que deberiamos facernos e a  nosa reflexión e a análise da lei terán que nos dar as respostas.
 Que educación queremos? Que educación nos ofrecen?
 Cal é a ideoloxía que sustenta a LOMCE?
 Fomenta esta lei as mesmas oportunidades para todo alumndo  ou pola contra pecha portas ás clases  desfavorecidas e medias?
 Facilita esta lei os negocios privados con fondos públicos?
Facilita esta lei un aceso ás universidades mediante as mesmas probas para todo o alumnado e baixo os mesmos criterios ou facilita que cada universidade teña autonomía para  aceptar a quen conveña?
Pensa esta lei que familias, alumnado e mesmo docentes poden aportar algo ás políticas educativas ou, pola contra, que ningún destes grupos esta cualificado para facer ningún tipo de aportación?
Nos centros educativos, a dirección seguirá a coordinar un equipo directivo e a desenvolver  a política educativa e organizativa a través de decisións tomadas no consello escolar ou pola contra será a dirección quen tome todas as decisións que afecten ao centro que dirixe, incluindo a elección do novo profesorado?
Será a administración (enténdase os  nosos gobernantes) a que nomee as direccións dos centros educativos? Cres que  estas direccións nomeadas pola administración serán autónomas nas súas decisión ou estarán controladas?
DSC01762
Como vedes, un cambio de lei educativa, ademais de ter unha base ideolóxica que convén coñecer,  tamén implica posibilidades de negocio e, dende logo, restará  participación e mesmo poderá anular aos diversos grupos implicados no sistema educativo (asociacións de nais e pais de alumnos, asociacións de alumnos, asociación de docentes) anulando o poder decisorio  do único órgano democrático dos centros educativos, O CONSELLO ESCOLAR).
DSC01758
Obviamente, hai moitos outros aspectos específicos desta contrarreforma educativa que se poderían tratar: dende o interese evidente de recentralización do estado (relegando ao mínimo o espazo en que poden intervir as comunidades autónomas no deseño do sistema educativo así como o espazo para a normalización das linguas propias) ata o papel da relixión, pasando pola implantación das reválidas.
En todo caso, a partir de agora, as propias Anpas organizarán a maneira de transmitir esta información ás familias a través de charlas, obradoiros, debates ou o formato más acaído para cada centro, de maneira que a información estea accesible para todo o mundo. Deámoslle ás anpas o papel de axentes que, de momento por lei, e sempre por dereito e responsabilidade lles correponde dentro do sistema educativo.

Este mes comezaron a traballar tres novas comisións dentro da Federación Compostela. Vemos con optimismo como se abre a porta a novas ideas, novas persoas, moito entusiasmo e ganas de traballar.

Comisión de comedores.

pirámide

Nace esta comisión co obxectivo de facer de ponte entre as familias usuarias do servizo de comedor e a empresa concesionaria, por unha banda, e o concello, pola outra.

Xa que o concello parece non tener interese algún en controlar o funcionamento do servizo do que é responsable, a comisión de comedores da Federación asumirá a responsabilidade de detectar ás deficiencias no funcionamento do servizo e comunicarse co centro, co comedor propio, coa empresa ou coa concellería, segundo o caso.

Esperamos que os problemas de funcionamento que se veñen observando dende que o concello asumiu o servizo poidan resolverse por fin.

Comisión de Necesidade Educativas Especiais

Escuela inclusivaA educación pública e gratuíta é un dereito e unha obriga; e unha sociedade que deixa no camiño a calquera que non segue o ritmo marcado por calquera lei o currículo é un sociedade digna de vergoña.

Se a LOE todavía vixente propoñía sobre o papel unha escola inclusiva que nunca chegou a ser real por falta de medios, os recortes dos últimos cursos e a lei que nos vén coa súa concepción competitiva do mundo, están a precarizar aínda máis a atención a un alumnado que, coa debida atención, non só ve satisifeito o seu dereito á educación senón que pode, como calquera membro do sistema educativo, facer no futuro a súa propia aportación á sociedade da que forma parte.

Esta comisión traballará para que a escola inclusiva e a sociedade inclusiva sexan unha realidade algún día.

Comisión de obras

Dende as anpas sempre pensamos que queremos pelexar pola Educación, e que as necesidades cotiás, de infraestrutura ou intendencia, non debían ser o noso obxectivo.
Pero non podemos desentendernos do triste feito de que un neno que non ocupe un espazo digno, alegre, saudable, seguro, acolledor e amable non pode desfrutar da experiencia educativa. E iso, e non outra cousa é o que está a ocorrer neste momento en Compostela.
unnamed (3)baños humidade
unnamed
Imaxes do CEIP Monte dos Postes
O que pretendemos é establecer unha sistemática de traballo e denuncia que non parará ata que os nosos fillos e fillas se acheguen todos os días a edificios que os reciban co esplendor que os nenos e nenas merecen, que sexan quentes e luminosos e que a única preocupación dos seus ocupantes sexa aprender, e aprender a aprender.

E esa sistemática de traballo basearase na denuncia da inacción do Concello de Compostela, que leva anos de absoluto parón na atención das súas obrigas legais no mantemento dos CEIPs,  levando aos colexios desta cidade a unha situación de deterioro que raia o insulto ás familias e aos propios nenos e nenas.

Imos sumar todas as nosas demandas, poñer por diante as que son de absoluta urxencia, aínda que non renunciemos a ningunha, comunicarlle formalmente ao Concello que estamos aí, e… Denunciar, Demandar e Esixir que os nosos colexios se poñan á enorme altura que merecen os máis pequenos dos nosos concidadáns.

A Confederación de Anpas Galegas vén de acordar na reunión da súa Xunta Directiva celebrada en Compostela o pasado 7 de febreiro, o inicio dunha campaña para relanzar a permanente reivindicación da gratuidade de todo o material escolar, e moi en concretodos libros de texto, no ensino obrigatorio así como a aposta polo sistema de préstamo como fórmula para artellar o uso de libros de texto na nosa Comunidade.

Nós entendemos o ensino obrigatorio como unha incuestionábel responsabilidade social, como unha conquista histórica que debemos aprezar dun xeito distinguido. E esa especial atención tense que materializar na presenza de todas as facilidades necesarias para que toda a infancia e toda a xuventude teñan os medios abondos para aproveitar e se beneficiar deste esforzo conxunto.

Defendemos a absoluta, completa e universal gratuidade de todo o ensino público obrigatorio, e de todo o material que ese ensino precise; e asumimos totalmente o informe de outubro de 2013 da Defensora do Pobo: A Constitución non só define o ensino básico como gratuíto, senón tamén como obrigatorio. E do estabelecemento dese deber constitucional ten que se deducir o correlativo deber público de proporcionar todos os medios imprescindibles para que poida ser cumprido.

Por iso, imos comezar unha campaña de demanda social na que as asociacións de nais e pais de alumnos deste País, diremos publicamente que queremos que sexa a administración educativa galega quen proporcione os libros de texto, e esixiremos que o faga sen subvencións nin cheques, senón mediante un sistema de préstamo que, ademais de asumir a obriga pública de facilitar que o ensino obrigatorio sexa gratuíto, participe tamén na difusión dos valores da reciclaxe, do coidado e do traballo en equipo entre a nosa xuventude.

A Federación Compostela

camara ma 009

camara ma 005A nosa Federación celebrou unha reunión das Anpas de Primaria o día 4 de febreiro e outra de Anpas de Secundaria o día 14. A totalidade das persoas asistentes concordaron sen ninguha dúbida na necesidade de voltar ao anterior sistema de préstamo e manifestaron a súa vontade de informar e pedir a colaboración das familias dos centros para que a petición se expanda e chegue a Consellería de Eduación con claridade e contundencia. Así que …. comezamos a traballar!

camara ma 011

No blog de Anpas Galegas publicouse recentemente un artigo no que se analizan con detalle as razóns que fundamentan a nosa petición, apoiándose nun informe da Defensora do Pobo.

Para ler o artigo, pincha aquí.

Con este título, celebraremos unha charla – coloquio o día 22 de febreiro.

Desta maneira, as directivas das Anpas de Primaria e Secundaria da Federación Compostela, teremos ocasión de amplar o noso coñecemento sobre as nefastas consecuencias desta lei e poderemos retomar forzas para seguir a informar e a resistir.

escuela-franquista

Día: Sábado 22 de febreiro.

Participantes:

Sofía Rama Lourenzo. Profesora do IES Felix Muriel de Rianxo

Javier Dapena Castro.  Profesor do IEs Pontepedriña.

Víctor Santidrián Arias. Profesor do IES de Arzúa

Horario:

10:00-11:30.

Introdución á Lei: A filosofía da lei e a organización dos centros.

As novidades en Primaria.

Unha ollada á FP Básica.

11:30-12:00.                       DESCANSO.

12:00-14:00

As novidades  en Secundaria.

As novidades en Bacharelato.

Coloquio e/ ou Debate

Lugar: IES Pontepedriña. Rúa Amor Ruibal, s/n

Organización: Federación de Anpas Compostela e Movemento compostelán en defensa do ensino público.

A Federación de Anpas Compostela reuníuse hoxe cos grupos municipais do BNG e máis do PSOE para presentarlles directamente a nova Confederación de Anpas Galegas, da que forma parte e na que ocupa a vicepresidencia.  Esta reunión enmárcase na decisión da nova confederación de se ir presentando a todas as forzas políticas e sindicais que conforman o noso País.

Dende a Federación Compostela consideramos que existíu un amplo marxe de coincidencia entre o ideario da nova Confederación e o que nos transmitiron ámbolos dous grupos municipais, á hora de respostar á nosa  concepción dun Ensino Público que entendemos que debe ser galego, gratuito, laico, inclusivo, con igualdade normativa dentro de Galicia e con preferente atención dende o esforzo económico das administracións públicas.

O encontro servíu tamén para repasar a actual situación da educación naquilo que afecta específicamente ao Concello de Compostela, punto no que fixemos un repaso da realidade dos centros de primaria, que están vivindo unha absoluta carencia de mantemento e colaboración municipal,  da política de retraso informativo que teñen as accións que realiza o Concello de cara á conciliación da vida laboral e familiar, da ineficiente planificación viaria nos accesos aos centros educativos, ou dos erros da actual zonificación escolar; entroutros temas de menor transcendencia.

A Federación de Anpas Compostela valora moi positivamente este tipo de encontros cos representantes políticos da nosa sociedade, porque pensamos que supoñen un imprescindible intercambio de información e un mutuo enriquecimento ideolóxico; máis aínda cando actuamos como representantes para a nosa cidade dunha organización máis ampla, como é a Confederación de Anpas Galegas.

Tamén quixeramos dicir que a mesma proposta de xuntanza que hoxe callou cos grupos do PSOE e do BNG, fixémola tamén ao grupo municipal do PP, que non deu resposta á nosa invitación.

Primeira denuncia do ano

3 Xaneiro, 2014

Para empezar o ano con bo ritmo, podemos ler na prensa de hoxe as declaracións de Fernando Lacaci sobre a desidia do concello  cara o mantemento dos centros de ensino dos que é responsable. Falta de interlocución e inactividade: a tónica xeral deste concello durante meses.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/01/03/padres-denuncian-falta-mantenimiento-colegios/0003_201401S3C5997.htm

Feliz 2014

31 Decembro, 2013

Dentro de nada despediremos un ano de luces e sombra, unha enorme e Negra Sombra: aprobouse a LOMCE, xa é Lei e xa entrou en vigor, malia que todos estivemos en contra e o dixeramos unha e mil veces neste ano que morreu e no anterior; pero non ha durar moito, e estaremos tamén alí para turrar dela e para vela caer, esa foi a nosa Sombra.

1468647_340017106139819_880671411_n

Mais tivemos, temos, moitas luces para nos gorecer:

  • Somos máis, en marzo xuntámonos primaria e secundaria, e xa están con nós as anpas dos IES do Xelmirez I, Antón Fraguas, Rosalía de Castro, Pontepedrina, Sar e Eduardo Pondal; e chegamos máis lonxe, temos con nós ao IES de Brión, e fixemos reunións coas anpas de Ames e Teo, de aí han saír novas colaboracións, e continuaremos sumando pluralidade e ideas, máis luz e máis forza.
  • Fixemos bancos de libros, xuntos, partindo da mesma idea, homoxeneizando as nosas peculiaridades, e fixémolos porque a administración de quen nos está a gobernar ten economicamente abandonadas ás familias e á educación, e fixemos fincapé no que cremos: é ben facer un traballo que alivie os custos que soportamos, e aínda é mellor cando o facemos utilizando o material que xa existía porque así os nosos fillos e fillas están a aprender o valor da solidariedade, da reciclaxe e da pertenza ao grupo.
  • Consolidamos, co Concello de Compostela, os servizos de comedores e conciliación en períodos non lectivos; non hai nada semellaba imposible, agora está aceptado, continuaremos traballando para colaborar na resolución dos problemas que xurdan, pero están aí xa.
  • Opuxémonos ao decreto dos comedores, e recorrémolo xunto coas federacións da Costa da Morte e a de Lugo, aínda que non teñamos moitos centro que sexan afectados directos, porque defendemos toda a educación, e porque todos os nenos e nenas e todas as familias están asociados virtualmente con nós; hoxe sumámonos a quen o require, mañá hanse sumar eles con nós.
  • E por riba de todo, con dedicación de moitas horas, de moitos días, opuxémonos á LOMCE:
    • Dentro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, na que estamos integrados, manifestámonos, fixemos marchas, concentrámonos, falamos coa prensa,  difundimos escritos e convocatorias, mollámonos cando tocou e andamos ao sol cando estaba á vista; hoxe pode semellar que non serviu de  moito, máis por moi mala que sexa ¿e se non tiveramos feito nada, que tal Lei tería saído?
    • Fixemos conferencias, un total de 18 centros educativos que percorreron os nosos colaboradores informando aos centos de familias que asistiron, colaboradores que, coma todos nós, entregaron gratuitamente o seu tempo e o seu traballo para conseguir unha sociedade mellor. O noso agradecemento é inmenso, e a súa participación tamén; continuaremos o ano que entra. Porque da información sae sempre máis luz.
    • E, dicímolo con moito orgullo, fixeron para nós o vídeo de Wertgoña , outra vez a boa xente, neste caso do mundo da música e da creación audiovisual, entregou o seu tempo e o seu traballo para o ben de todos; ha render, non hai dúbida.

1544446_704015916329873_387550191_n

E todo o anterior fixémolo todos, cada quen dos que traballamos na educación pública participou nesta feitura, e como cremos na unidade, rematamos o ano dicindo en voz moi alta que non estamos sos, que traballamos con Vigo, Ferrol, Cangas, Bueu, Ponteareas, Val Miñor, Costa da Morte e Lugo e construímos a Confederación de Anpas Galegas, que presentamos o pasado 10 de decembro, para que Galicia teña outra voz común que traballe e fale pola educación pública, continuamos a sumar esforzos e boas intencións.

Por iso, porque traballamos moito polo futuro desta sociedade na que han vivir, e ten que ser felizmente, os nosos fillos e as nosas fillas, encetaremos o novo ano coa ilusión de quen se sabe acompañado de moita boa xente; para avanzar na construción dunha comunidade educativa sólida nos nosos centros, dunha rede de servizos educativos dignos nos concellos e dun sistema educativo que semente coñecemento, igualdade e valores cidadáns de colaboración, integración e respecto para que a nosa sociedade sexa un lugar no que queiramos participar, e na que poidamos dicir que estamos orgullosos de estarmos xuntos.

Ventureiro 2014 a todas e todos. De certo que terá que ser un bo ano, xa veredes.

Sentido adeus

19 Decembro, 2013

DSC06262Deixámosvos aquí unha imaxe da incineración da LOMCE.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público celebrou onte a incineración da lei e entregoulle as cinzas ao Conselleiro de Educación.

Non ha tardar o momento en que o adeus sexa real. A lei da irresponsabilidade terá un curto percorrido e chegará o tempo de falarmos en serio de que tipo de ensino queremos, de como ten que ser a escola do século XXI, a que forme persoas completas, críticas e libres.

Aquí xace a LOMCE

15 Decembro, 2013

danse_macabre1

Témolo dito unha e mil veces. Esta lei nace morta, morta, morta…..

Así pois, que mellor maneira de despedir o ano que honrándoa como se merece?

O mércores 18 de decembro ás 11:30 celebraremos a cerimonia de despedida desta lei nacida con tan pouco futuro e procederase á súa icineración.

Se non podes estar alí, diante da Consellería de Educación, non deixes polo menos de amosar o teu sentimento e envía un epitafio ao seguinte enderezo:

conselleiro.cultura.eduación@xunta.es

Incineración da LOMCE